Museo Museo de las Peregrinaciones y de Santiago
Inventario D-611
Clasificación Genérica Documentos e publicacións
Objeto/Documento Executoria
Título Carta executoria a pedimento de Francisco Ximenez del Palomar
Materia/Soporte Pergameo
Técnica Iluminación [iluminación a cores]
Manuscrito [manuscrito en tinta negra capitais]
Dourado [inicios de títulos en letras douradas vermellas]
Dimensiones Longo = 2 cm; Altura = 34,50 cm; Anchura = 25 cm
Descripción Asunto: carta excutoria de pedimento de Francisco Ximenez del Palomar, veciño da Villa de Cornago.
Documento. Executoria
Formato e características formais: encadernación nova en pergamiño con cintas de coiro para pechar. 18 follas + 1 de 4ª engadida ó prinicio. Unha viñeta iluminada. Tinta negra. Caixa da escritura a tinta vermella. Letra gótica. Entre 39 e 40 liñas. 15 títulos iniciais e dous letras capitais en dourado sobre cartelas en vermello. 30 capitais en tinta negra repartidas nas cabeceiras de cada folla. Tódalas follas rubricadas no seu bordo inferior.
Título na portada antecedido por unha cruz latina vermella patada e debaixo " Executoria Ruy Ximenez del Palomar / Año 1542". No lomo, tamén tintas negra e vermella o mesmo título e o ano. Tres contracubertas en papel moderno marca Galgo e unha folla medio de 4ª, que parece da mesma época que a executoria, escrita só na súa metade. Non parece pertencer ó documento orixinal, despois unha folla coa estructura da caixa deliñada en vermello. O anverso da segunita folla con rúbricas. O reverso da mesma folla coa viñeta.
Estructura da viñeta: No ángulo superior esquerdo recadrado sobre fondo azul escudo de armas rodeado dunha letra capital "D" que corresponde ó inicio da inscrición do recadro continuo en letras douradas con fondo vermello "ON/CAR/LOS". Debaixo texto en letra gótica cos títulos do rei, flanqueados por bandas de flores e frutas. Nunha banda horizontal no bordo inferior da folla aparece dentro dun círculo a imaxe da Santiago Cabaleiro sobre cabalo branco, con armadura á moda do século XVI e capa vermella, o casco vai ornado cunha cuncha. Leva espada no alto da súa man dereita . Ó fondo unha paisaxe. A ambos lados do cículo e sobre fondo azul dous grutescos ou medias figuras sobre o que parecen cornos da abondancia.
Iconografia Santiago Matamouros
Datación 27/06/1542 (1542, 27, xuño)
Contexto Cultural/Estilo Renacemento [Reinado de Carlos V (1500-1558). Rei de España (1516-1556). Emperador do Sacro Imperio Romano Xermánico (1519-1558)]
Lugar de Producción/Ceca Valladolid (m) (Valladolid Centro (comarca), Valladolid) [Valladolid. Real Chancelería]
Uso/función Testemuñal / Conmemorativa
Clasificación Razonada As cartas executorias son documentos nos que se rexistraba os preitos interpostos por familias ou individuos para consegui-la proba da súa fidalguía mediante testemuñas e escrituras. Son características no reino de Castela, a partires do século XVI, época na que eran frecontes os enfrontamentos entre fidalgos e plebeos para obtene-la superioridade social, facendo prevalece-los seus privilexios de categoría como a exención de impostos reaís e concellís, a posición de oficios honoríficos, os dereitos de asento e sepultura, entre outros. As demandas presentábanse xeralmente por cambio de veciñanza ou por unha acusación de falsa fidalguía e resolvíalas a "Sala de los hijosdalgo" da Real Chancelería de Valladolid. A familia ou o individuo tiña que amosar documentalmente ou por testamuñas a súa carta de nobreza, a antigüidade dos seus privilexios nobiliares, os testamentos dos devanceiros e outras prerrogativas ancestrais como o emprego de brasóns en vivendas, capelas e aneis ou a probanza de que a familia vestía con distinción, vivía con folgura, posuía criados e que ningún ascendente tiña traballado en oficios "viles". Outro aspecto fundamental deste proceso referíase ás orixes do grupo familiar xa que debíase amosar que tratábase de "cristiáns vellos", sen vínculos con xudeus, musulmáns ou herexes, nun exercicio característico de limpeza de sangue. Ante unha sentencia favorable no xuicio a familia celebraba o acabamento do preito coa elaboración dunha carta executoria miniada máis ou menos ricamente segundo a posición nobre e económica da familia, empreganda cantas imáxenes metafóricas aluden á fidalguía da mesma.

En relación a súa función ( V. Uso) as executorias tiñan unha clara componente simbólica na decoración das portadas. Desta forma présentase o escudo de armas da familia ou individuo que interpoñe o preito. Os símbolos de abondancia: cornucopias, frutas, flores, etc...pretenden avalar a riqueza terrea, os bens materiais que amosan a posición do preiteante e entre os símbolos relixiosos un dos máis frecontes é a imaxe de Santiago, case sempre de cabaleiro ou Iacobus miles Christi . A imaxe desta iconografía de Santiago representa a loita contra os inimigos - espirituais e físicos- da relixión e do Estado, é dicir, a familia ou o preiteante en loita contra calquera inimigo do rei ou do Estado e defendendo a relixión católica como bos cristiás, xa que trátase ó mesmo tempo de amosar a ´limpeza de sangre´ e a virtude e nobreza da familia. Santiago aparece co seu carácter de Santo Patrón e Defensor especialísimo da Cristiandade hispánica´.
Forma de Ingreso Depósito por compra. Directa
Fecha de Ingreso 03/06/2003
Catalogación Pesquera Vaquero, Mª Isabel
| más imágenes |
 
 
Subir

© Ministerio de Cultura | v49.0 Accesibilidad | Mapa Web | Créditos | Contacte con Cer.es | Condiciones de uso | NIPO: 551-09-131-6